O informe causa malestar na Dirección Xeral de Turismo que asegura ter informes que din todo o contrario.
A Universidade da Coruña ten claro que o sector hoteleiro galego non está a render todo o que podería. O estudo, encargado polo Tribunal Galego de Defensa da Competencia, considera que tamén que a calidade das prazas hoteleiras é, en xeral, baixa.
O informe da institución académica non lle gustou demasiado á Dirección Xeral de Turismo. Rubén Lois, o seu máximo responsábel, cuestionou este luns o estudo asegurando que “as grandes cadeas hoteleiras” están en contacto con el para realizar investimentos.
Lois tampouco comparte o da baixa calidade dos estabelecementos. Segundo o máximo responsábel de turismo, hai informes elaborados por organismos “independentes” que farían unha análise inversa.