Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
37º Congreso do PSOE

Feijoo avalía que Blanco gañou peso sobre un Touriño que "perde relevancia"

O presidente do PpdeG analizou este domingo que o congreso federal do PSOE deixa para Emilio Pérez Touriño "menos afíns na executiva que cando non era presidente da Xunta".

Redacción - 09:00 07/07/2008

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, explicou que, ao seu ver, o elixido novo vicesecretario xeral do PSOE, Xosé Blanco, "gañou peso" no seu partido ao tempo que o secretario xeral do PsdeG e presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, "non ten relevancia entre os socialistas e, polo tanto, tampouco ante o goberno español".

Nese sentido, Feijoo dixo lamentar que Touriño "non ten nin voz nin voto no seu propio partido". Ao fío, citou cuestións como a chegada do tren de alta velocidade a Galiza, o financiamento para a dependencia ou as transferencias, que segundo Feijoo, serían exemplo da falta de atención da dirección do PSOE aos socialistas galegos. "Galiza non é prioritaria para o PSOE", opinou o dirixente dos populares galegos, quen cre que na dirección socialista "están descontentos" coa xestión da Xunta.

Rego retrúcalle a Feijoo que foi "un dos poucos que non se enterou do protagonismo do PSdeG"
O voceiro do grupo parlamentario do PSdeG, Ismael Rego, reprochoulle ao presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, que "debe ser un dos poucos galegos que non se decatou do grande protagonismo do socialismo galego" no Congreso Federal do PSOE e de que o secretario xeral do PSdeG, Emilio Pérez Touriño, estivo "á fronte" deste.

Rego resaltou a presenza de tres galegos na Executiva Federal e destacou, así mesmo, a "sintonía persoal e política" que na súa opinión une ao secretario xeral do PSOE e presidente do goberno español, José Luis Rodríguez Zapatero e a Touriño. Ao tempo, recalcou o "proxecto político que ambos os dous dous impulsan para Galiza e España respectivamente". "Como socialista e como galego síntome orgulloso do desenvolvemento do Congreso Federal do PSOE tanto polas resolucións aprobadas neste como tamén pola alta participación e o grande peso que tivo o socialismo galego nos debates e nos órganos de dirección", dixo Rego.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: