É a I Copa BTT Concello de Culleredo, puntuábel para o Campionato Galego e cuns importantes premios.
Este sábado, á volta das 16:00 horas botará a andar en Culleredo a I Copa BTT Concello de Culleredo, inscrita na Xira Caixanova e puntuábel para o Campionato Galego de Rally de bicicleta de montaña clase A (o que tamén significa que hai importantes premios en metálico).
O circuíto enteiro está situado en Culleredo, e parte do Club de Campo As Mariñas, discorrendo durante 6,5 quilómetros polos montes da contorna. Agárdase que se xunten 120 corredores de todos os clubes ciclistas de Galiza.
A proba está organizada polo Club Ciclista MB3 e conta co patrocinio de Cultura e Deporte. Para saber máis, pódese consultar a súa web.