Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Prevención de riscos

Estudantes de Lugo deseñan unha aplicación para prever e solucionar accidentes laborais

O sitio, que xa se pode consultar no móbil, nace como un pequeno manual de primeiros auxilios.

Redacción - 11:45 06/07/2008

A aula de produtos lácteos de Lugo vén de presentar unha proposta pioneira no eido da prevención de riscos laborais e da informática aplicada. Os alumnos desenvolveron este proxecto no marco do terceiro obradoiro de traballo da APL.

Este servizo permite resolver, co móbil, calquera accidente de traballo. Para acceder a el, só hai que premer no menú do móbil -ou PDA- na opción para navegar na Internet que ofrece o noso servidor de telefonía e escribir a dirección www.riscoslaborais.net/movil. Alí poderemos ver un listado de posíbeis riscos laborais e, premendo no correspondente, acharemos o protocolo que debemos seguir.

Un exemplo

En caso de convulsións epilépticas, o programa indica EPILEPSIA: Afección crónica caracterizada por crises convulsivas. Actuación: Despexar o contorno de calquera obxecto que poida ferir ao enfermo. Colocar unha manta ou roupa debaixo do afectado para protexelo dos golpes. Poñer un anaco de madeira o algo duro entre os dentes para que non se morda a lingua.

Trátase dun produto pioneiro posto que é a primeira vez que se presenta unha solución destas características en España. Este terceiro taller de traballo foi financiado polo Fondo Social Europeo e a Consellaría de Traballo.


4,5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: