A proba máis importante do ciclismo internacional comeza este sábado. O ciclista de Mos compite, despois do bronce nos Estatais, a carón do seu compañeiro Valverde.
A proba máis importante do ciclismo internacional comeza este sábado. O ciclista de Mos compite, despois do bronce nos Estatais, a carón do seu compañeiro Valverde, que tamén é cabeza do equipo Caisse D'Epargne.
Ademais, é no Tour, na última semana (comeza o sábado en Brest, en Bretaña, e termina o día 27 de xullo) na que o seleccionador estatal, Paco Antequera, dará a coñecer os tres descartes da listaxe de sete corredores preseleccionados para os Olimpíadas, entre os que se atopa Óscar Pereiro.
É a edición número 95 da rolda francesa, e Pereiro volve tras gañar a proba en 2006, e xusto após saberse que o Tribunal Arbitral rexeitou o último recurso de Floyd Landis, co que finalmente perde todas as oportunidades de roubarlle a camisola amarela ao de Mos.