Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
AO REMATE DA LEXISLATURA

A Xunta saca do forno unha das promesas estrelas: a ordenación do territorio

As novas directrices regulan as metrópoles e as áreas urbanas e danlle un papel vertebrador ás capitais de comarca.

Redacción - 10:00 28/06/2008

“Unha Galiza máis cohesionada socialmente, equilibrada territorialmente, dinámica economicamente e sostíbel” estas eran as palabras do presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, na presentación das Directrices para a Ordenación do Territorio. Touriño, acompañado da conselleira de Política Territorial, María Xosé Caride, presentaba publicamente este venres un dos eixos centrais do acordo de goberno entre socialistas e nacionalistas.

Segundo a Xunta, as 197 disposicións que se propoñen van rematar co histórico caos urbanístico. Un dos puntos principais é a vertebración de Galiza en dúas grandes metrópoles: a ártabra (A Coruña-Ferrol) e a das Rías Baixas (Vigo-Pontevedra). Tamén se regulan as áreas urbanas de Santiago, Lugo e Ourense, á vez que se lle dá un papel vertebrador ás capitais das comarcas rurais.

Un dos obxectivos principais da nova planificación é poñerlle couto á dispersión urbanística, racionalizar os investimentos e servizos públicos e sentar as bases para un maior uso do transporte colectivo. Porén, tamén hai novos pasos na loita contra o chamado “feísmo” urbanístico. Coa entrada das novas normas, os concellos terán que fomentar o soterramento de infraestruturas como son as liñas eléctricas.

O Goberno quere que no vindeiro trimestre o Consello da Xunta e o Parlamento teñan dado o visto e prace á nova norma.


Documentos

3,33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: