Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
control alimentario

As bolachas portuguesas non se van poder comer en Beixín

Os organizadores dos XXOO elaboraron unha "lista negra" con 428 produtos estranxeiros para garantir a seguridade alimentaria dos atletas.

Redacción - 13:40 29/06/2008
As galletas Príncipe, as da lista negra

As galletas Príncipe, as da lista negra

Garantir a seguridade alimentaria durante as Olimpíadas é o obxectivo da última medida de seguridade adoptada pola Autoridade de Supervisión de Calidade, Inspección e Corentena da China, que elaborou unha "lista negra" con 428 produtos estranxeiros que ninguén vai poder probar este verán en Beixín.

Entre eles atópase o salmón noruegués, a carne estadounidense; as galletas portuguesas Príncipe, da empresa Vieira; outras tailandesas e varios produtos de carne conxelada procedente dos EUA.

Protección ou proteccionismo?
Estas medidas obedecen ao chamamento do vicepresidente chinés, Xi Jinping, que pediu, alén dunha garantía da seguridade alimentaria, un control do tráfico rodado para axudar a que o aire teña boa calidade de cara aos Xogos Olímpicos.

Por outro lado, dende a Comisión Europea hai sospeitas de que este rigor no control dos alimentos agocha unha caste de proteccionismo dos produtos do país asiático.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: