Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
DOMINIOPUBLICO.GOV.BR

Piden visitas para que non peche unha biblioteca dixital de balde

A iniciativa do goberno brasileiro, que ofrece centos de obras literarias, musicais, gráficas e audiovisuais de balde, podería desactivarse por falta de accesos.

Redacción - 09:00 30/06/2008

Unha biblioteca dixital brasileira, desenvolvida en software libre, está en perigo de pechar por falta de accesos. Dominiopublico.gov.br, unha iniciativa pública e aberta creada polo Ministerio de Educación do Brasil, ofrece non só libros dixitais, senón tamén imaxes, músicas e vídeos de balde.

Na rede xa se puxo en marcha unha campaña para promover o acceso ao sitio web, onde se inclúen, entre outras, 732 obras da literatura portuguesa, aínda que tamén hai, por exemplo, as Cantigas de Santa María de Afonso X O Sabio.

A alarma saltou co anuncio do goberno brasileiro de desactivar o proxecto por desuso, xa que o número de accesos é moi pequeno. Agora, estase a tentar que, mediante a divulgación a amigos, parentes e coñecidos, non morra unha ferramenta tan extraordinaria de difusión da cultura.


5/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: