Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Serafín Martínez e Rabuñal estarán na contrarreloxo

Veloso, do KGZ, abandona os Campionatos Estatais

O ciclista será baixa do Karpin Galicia o vindeiro sábado en Talavera de la Reina, por causa do falecemento dun familiar.

Redacción - 10:08 27/06/2008
O equipo de contrarreloxo estará formado por Rabuñal e Martínez

O equipo de contrarreloxo estará formado por Rabuñal e Martínez

Gustavo César Veloso será baixa no Karpin Galicia para o Campionato Estatal de contrarreloxo, no que ía ostentar a representación do equipo galego xunto a Gonzalo Rabuñal e Serafín Martínez o vindeiro sábado en Talavera de la Reina (Toledo).

A súa ausencia está motivada polo falecemento dun familiar seu. Cabía a posibilidade de correr aínda o domingo o campionato de fondo, pero "se o equipo non mo impón, eu prefería case non ir porque non tiven unha preparación axeitada estes días para abordar unha competición deste tipo, e ir por ir tampouco merece moito a pena", engadiu o recente gañador da Volta a Cataluña.

A contrarreloxo queda para Serafín Martínez e Gonzalo Rabuñal

En ausencia de Gustavo C. Veloso, serán Serafín Martínez e Gonzalo Rabuñal os encargados de defender o KGZ na apertura dos estatais o sábado. O ciclista do Rosal atópase satisfeito do momento de forma en que chega a esta cita, logo dunha boa actuación na Ruta do Sur. Martínez máis convencido, se cadra que Rabuñal, ten boas sensacións. Polo seu lado, o de Arteixo di non poder dicir como se atopa "até verme na competición".


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: