Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DIANTE DOS MALOS AUGURIOS ECONÓMICOS

A Xunta fala de “austeridade” pero dubida á hora de conxelar o salario dos altos cargos

O conselleiro de Economía sinalou este mércores que o Goberno "estudará" a posibilidade de conxelar, a modo de exemplo, o salario dos altos cargos.

Redacción - 19:00 25/06/2008

A desaceleración económica para uns, crise para outros, está a monopolizar nos últimos días a actualidade. Logo de que o goberno español augurase máis paro para 2009 e a necesidade de conter o gasto público, a Xunta axiña avisou que se suma á consigna da “austeridade”. Mais o conselleiro de Economía, Xosé Ramón Fernández Antonio, non buliu tanto á hora de falar de apretar o cinto dos altos cargos. O Goberno limítase limita a dicir que “estudará” a posibilidade de conxelar os salarios dos altos cargos.

O executivo español anunciou esta semana que conxelará o salario dos altos cargos da administración pública, aínda que manterá o dos funcionarios. En Galiza, unha medida similar influiría nas nóminas de todos os cargos iguais ou superiores ao dun director xeral.

A respecto do paro, o conselleiro de Economía sinalou que Galiza mantén o obxectivo de “seguir mantendo un proceso de maior crecemento” en comparación co Estado. Fernández Antonio subliñou que aínda que o goberno español espera un 11% de paro para o vindeiro ano, o noso país polo de agora está a crear emprego.


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: