Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
windsurf

Unha galega seleccionada para o Mundial de Windsurf

Lara Lagoa Patiño vai competir na categoría Sub 15 en Polonia, logo de ser escollida pola federación estatal.

Redacción - 11:15 25/06/2008
Lara Lagoa

Lara Lagoa

A galega Lara Lagoa Patiño vai competir no Campionato do Mundo de Techno Sub-15 de windsurf, que terá se desenvolverá en Sopot (Polonia), do 9 ao 16 de agosto de 2008, logo de ser seleccionada pola Federación Española.

Lara, de 13 anos, é a actual Campioa Absoluta Estatal na súa modalidade, título conseguido en marzo de 2008 n'As Palmas. Tamén foi primeira na New Year Race, evento internacional que se desenvolveu en xaneiro de 2008 en Puerto Sherry.

No último Campionato do Mundo, que foi en Formentera en setembro de 2007, Lara subiu ao podio grazas á medalla de bronce que conseguiu tras unha dura loita con italianas, polacas e israelitas.


4,13/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: