Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
VENRES 30, TEATRO PRINCIPAL DE COMPOSTELA

Fía na Roca celebra o seu 15º aniversario coa gravación dun DVD en directo

'Quince maios' fará un repaso polas cancións máis coñecidas do grupo.

Redacción - 09:00 27/06/2008

A traxectoria de Fía na Roca, que en orixe bebía en exclusiva da música tradicional, foi mudando cos anos até acadar un son máis adulto, mestura de tradición e composicións propias, pasando dos temas meramente instrumentais a incluír en Vente Vindo numerosos temas cantados.

Nesta nova etapa, inaugurada co lanzamento o pasado ano de Vente vindo, Fía na Roca está formado por Sonia Lebedynski á voz, Xosé Ramón Vázquez, Carlos Castro, Giao Rodrigues, Roberto Santamarina, Xabier Olite e Roberto Rama.

O grupo dará un único concerto no que repasarán quince anos de carreira. A actuación terá lugar o venres 30 de Xuño ás nove da noite no Teatro Principal de Santiago de Compostela e será gravado en vídeo para lanzar ao mercado en DVD co nome de Quince Maios.


4,4/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: