Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Irimia

Xestionado pola Asociación Irimia
RSS de Irimia
O NOSO TABOLEIRO

O FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN ANTE A DIRECTIVA DE RETORNO

Mesa de redacción
O Foro Galego de Inmigración, formado por máis de setenta asociacións e entidades de toda Galicia, fixo público o seguinte Comunicado en relación coa Directiva de Retorno aprobada polo Parlamento Europeo o mércores día 18 xuño, e as medidas que o goberno español anuncia no eido da inmigración, algunha delas, como o incentivo para o retorno voluntario, que foi aprobada no Consello de Ministros do venres día 20 de Xuño.

Redacción - 20:43 20/06/2008


1.- A directiva comunitaria insiste en considerar as persoas inmigrantes que se atopan nunha mera situación de irregularidade administrativa en delincuentes susceptibles de ser retidos por un período de ata 18 meses. Non se garante tampouco a axeitada asistencia xurídica, nin os dereitos das persoas menores de idade, que mesmo poden ser repatriados sen as debidas garantías e recluídos tamén coma delincuentes.

2.- Os anuncios realizados polo goberno español, na mesma liña de endurecemento das políticas de inmigración, propoñen: a extensión da retención desas persoas ata 60 días (na actualidade son 40) en Centros de Internamento que son autenticos cárceres para persoas que non cometeron delito ningún. A limitación do reagrupamento familiar para unicamente fillos menores de 18 anos, deixando á marxe desta posibilidade os pais e nais das persoas inmigrantes residentes legais, que ven vulnerado así o dereito básico de poder coidar e atender, como queremos calquera de nós, con agarimo e achegamento aos seus maiores.

3.- Concretamente o Consello de Ministros do venres día 20 de xuño, aprobou a mediática medida do ministro Corbacho de estimular o retorno voluntario de persoas inmigrantes a través da posibilidade de cobraren nunha soa vez o conxunto da prestación de desemprego que teñan acumulada. Esta medida, en primeiro lugar, non achega novidade ningunha xa que é unha posibilidade que ten calquera desempregado que queira poñer en marcha un proxecto de autoemprego, sen necesidade de marchar a ningún lugar. En segundo lugar vai resultar totalmente ineficaz, é algo meramente propagandístico, xa que a maior parte das persoas inmigrantes residentes legais en España queren desenvolver un proxecto de vida no noso país, teñen por certo o mesmo dereito que calquera nacional español, a isto, adaptándose coma todos e todas ás conxunturas económicas máis ou menos favorables. Pero o peor é que esta medida amosa unha concepción política da inmigración e polo tanto das persoas inmigrantes como mera forza de traballo da que se pode prescindir cando a situación económica é mala. Unha concepción incompatible cos máis elementais dereitos humanos e coa lexislación propia dos países da Unión Europea. Se a perspectiva é pactar a política de inmigración coa dereita que goberna en Francia e Alemaña, teremos en España a política de inmigración que defende o Partido Popular incluíndo a posibilidade de prohibir legalmente as regularizacións de poboación inmigrante.

4.- Este Foro promoverá a partir de setembro unha campaña de concienciación social coincidindo co proceso de reforma da Lei de Estranxeiría anunciado para o vindeiro outono se as propostas van nesa liña de facer máis dura e restritiva aínda a Lei actual.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: