Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Ciclismo

Gustavo Domínguez lidera o KGZ en Portugal

Será no Gran Premio CTT Correios, do 12 ao 15 de xuño. O equipo galego estará dirixido por Xesús Blanco Villar.

Redacción - 11:04 11/06/2008
Cartaz do premio

Cartaz do premio

Xunto con Domínguez, han correr polo KGZ Eduard Vorganov, Delio Fernández, Alejandro Paleo, Gonzalo Rabuñal, Juan Mourón, David Abal e Jesús Cobelo. Todos eles, dirixidos por Jesús Blanco Villar, estarán, entre o 12 e o 15 de xuño, no Grande Prémio Internacional CTT Correios de Portugal.

O equipo galego participa na proba con outros 17 equipos, dez estranxeiros e sete portugueses.

Gustavo Domínguez parte como a principal referencia do equipo galego na carreira lusa, tendo en conta que os efectos da caída na penúltima etapa da Volta a Cataluña parecen superados. O porriñés amosou xa un alto nivel competitivo na rolda catalá, que espera poder confirmar no Gran Premio CTT Correios.

Pechando a primeira parte da tempada

Outras bazas do equipo galego serán Vorganov, que se foi moi combativo e ambicioso na Euskal Bizikleta; e Gonzalo Rabuñal, que xa despuntou na Volta a Asturias este ano cun terceiro posto no alto do Acebo e o sexto na xeral final.
A proba consta de catro etapas. Delas, a primeira e a última rozan os douscentos quilómetros de distancia, aínda que son tamén as que presentan os perfís máis "amábeis". A segunda ofrece os maiores desniveis orográficos, aínda que o percorrido da terceira, sumamente crebado, abre tamén altas expectativas no plano deportivo.

As etapas son Alcobaça-Figueira da Foz (188,7 quilómetros); Coimbra-Seia, (157,6 quilómetros); Gouveia-Penafiel, (167,7 quilómetros); e Barcelos-Poboa do Varzim, (187,6 quilómetros).

Con esta carreira o Karpin Galicia achégase ao final da primeira parte da tempada, marcado polos campionatos estatais, que serán a última fin de semana deste mes en Talavera de la Reina (Toledo). Antes o equipo ciclista profesional galego ha participar na Ruta do Sur (Francia), do 19 ao 22 de xuño.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: