Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
8 NOVOS TEMAS

A polo ghit! xa vai polas vinte

Nas dúas primeiras semanas de votacións Boy Elliot lidera as preferencias do público, seguido de Mostoboys, Ulträquäns e Projecto Mourente.

Redacción - 13:10 07/06/2008

A terceira edición de A polo ghit! vai camiño de batir con claridade as cifras de participación dos dous primeiros anos. En tan só dúas semanas de concurso, máis de dúas ducias de grupos enviaron os seus temas, e a competición comeza a animarse.

Este sábado presentámosvos oito novas cancións, nas que predominan o rock e as guitarras, así como as letras irónicas, a festa e o sexo. Chámalle Xis! envían Canto aqui, canto onde me peta!!, un tema con ritmos cubanos, que fala precisamente da Habana; os lucenses Grupoh! participan cun tema reverso da anterior, Muinho, sons máis escuros para escoitar á noite; Hugo Torreiro, co seu Galiza, incide nas temáticas patrióticas; e Sivaritas Goliardos recollen a tradición da canción mariñeira en O grumete.

A festa anímase con O Jabon de la Banda e a súa A furrancheira, rancheira para cantar bebendo viño; e con SkandaloGZ, que lle cantan ao Licor Café. Pola súa banda, Paul a Sombra revisitan o Perfect Day de Lou Reed en Unha tarde no zoo, aínda que nesta ocasión o zoo é o da Madroa, e a amor agáchase nas gasolineras; para terminar de subir a tempertaura, Sinefres cantan Quente.

As votacións
Estes novos oito grupos únense aos trece que xa estaban no concurso, e que levan dúas semanas sumando votos. Lidera Boy Elliot and The Plastic Bags, con 212 votos, seguidos de Mostoboys con 175. Máis atrás aparecen Ulträqäns (97) e Projecto Mourente (94), e máis aló da quinta posición temos Os John Deeres (57) e Banda Potemkin (32).

A partir deste sábado a Radio Galega pon en marcha unha nova vía para votar os grupos en concurso. A través de envíos de SMS co código da canción: GHIT + o código da canción (o número que aparece ao lado do título).


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: