Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
XXIII Mostra Galega de Apicultura

As malas prácticas ambientais seguen "eliminando" as abellas

Será un dos temas prioritarios na xuntanza do sector esta fin de semana en Arzúa. Fala para Radiofusión, o secretario técnico da Asociación Galega de Apicultura, Xesús Asorey.

Redacción - 09:40 07/06/2008

Cita este sábado 7 de xuño en Arzúa para a XXIII Mostra Galega de Apicultura. Durante todo o día, os visitantes poderán asistir a unha feira de material apícola e reciclado de cera. Tamén haberá exposición e presentación de innovacións apícolas.

Ademais, organizáronse varias charlas, nas que participarán Etienne Bruneau, presidente do grupo MEL do COPA-COXECA (Bélxica), que falará da desaparición das abellas e a situación europea; Xulio Cañas, do Servizo de Sanidade Animal da consellaría do Medio Rural, que falará do novo sistema de tratamento da varroa, que este ano será gratuíto; e Francisco Otero, xefe do Servizo Técnico-Agrario da Consellaria do Medio Rural, que disertará sobre tratamentos das froiteiras, en ecolóxico, con produtos non daniños para as abellas.

Situación grave tamén en 2008


"As condicións climáticas e a aparición de doenzas nesta primavera agravan unha situación que xa se ven repetindo desde fai uns cantos anos no sector apícola", explican desde a Asociación Galega de Apicultura, AGA. Recordan que moitos abelleiros veñen botándolle as culpas aos novos praguicidas de uso agrario.

Ao respecto, sinalan que Francia xa prohibiu a súa utilización en sementes e Alemaña fíxoo en parte. En Galiza a cousa complícase aínda máis ca no resto do Estado, xa que o 50% do millo forraxeiro a nivel estatal seméntase aquí. Igual que no caso dos eucaliptos, trátase de cultivos que son tratados con este tipo de produtos.

A propia produción alimentaria en perigo

Ao respecto deste escenario, desde a AGA subliñan que o 80% do noso contorno vexetal é fecundado polas abellas, "que xogan un papel preponderante como polinizadores" sendo así que grazas a este fenómeno "temos froitos, sementes e novas plantas". Alén da fornecernos de mel, pole ou xelea real, "case o 40 % da nosa alimentación (froitos, legumes...) dependen exclusivamente da acción fecundadora das abellas", advirten, lembrando que as abellas están desaparecendo velozmente e que nalgúns lugares xa morreu até o 80% da cabana apícola.


Do tema, fala para Radiofusión o secretario técnico da Asociación Galega de Apicultura, Xesús Asorey.


Ligazóns

4,56/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: