Comeza esta sexta feira a proba en tres etapas na que o equipo ciclista profesional galego podería volver colleitar éxitos, como leva facendo dende que comezou a tempada.
O KGZ acode á Euskal Bizikleta, segundo contan, con "certa tranquilidade e ao mesmo tempo co desexo de seguir ofrecendo un bo ton competitivo, tras os seus triunfos nas dúas últimas probas por etapas nas que participou" (Clásica Internacional de Alcobendas e Volta a Cataluña).
A carreira vasca disputarase en tres xornadas, de sexta a domingo, e han participar, polo equipo galego, Carlos Castaño, Delio Fernández, Alberto Fernández, David García, Serafín Martínez, Iban Mayoz, Ramón Troncoso e Eduard Vorganov.
Á fronte do equipo estará Álvaro Pino, que non quere que o KGZ baixe o bo nivel competitivo ofrecido no primeiro tramo da tempada, mais o director deportivo do KGZ tamén comentou que a prioridade agora vai ser "intentar que o equipo chegue en plenitude física e mental 'Vuelta a España'".
Veloso e Mosquera entregáronlle as súas camisolas a Ánxela Bugallo
A conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo; e a directora xeral para ou Deporte, Marta Souto, ofreceron unha recepción aos ciclistas do Karpin Galicia Gustavo César Veloso, Ezequiel Mosquera e ao director deportivo Álvaro Pino. Os dous primeiros agasallaron á conselleira coas camisolas de gañadores da Volta a Cataluña e da Clásica Internacional de Alcobendas, respectivamente, conquistadas na segunda quincena de maio.
As imaxes do momento, aquí ao lado.