Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
MYPARL.EU

Os parlamentarios europeos terán o seu 'MySpace'

O portal, financiado con fondos europeos, pretende servir de punto de encontro dos políticos do continente.

Redacción - 09:00 09/06/2008

Para o mes de outubro está previsto o lanzamento de Myparl.eu, unha rede social dirixida exclusivamente a parlamentarios e europarlamentarios co obxectivo de impulsar os contactos entre políticos do continente e crear unha democracia transeuropea.

O portal aspira a funcionar na mesma liña de MySpace ou de Facebook, pero non só para facilitar o contacto social, senón tamén para fomentar o debate arredor de propostas lexislativas das diferentes cámaras estatais ou da comunitaria.

O proxecto, patrocinado pola Comisión Europea e financiado con fondos da UE, presentouse oficialmente o 28 de maio en Bruxelas, coa presenza de europarlamentarios e 27 coordinadores dos estados membros. A editora da web, Daniela Vincenti, explicou que se quere crear unha "comunidade transnacional de ideas".

O proxecto terá 20.000 usuarios potenciais, entre políticos de todos os gobernos e parlamentos. Funcionará nas tres principais linguas de traballo da UE: francés, alemán e inglés, aínda que tamén se poderán publicar comentarios no idioma propio dos usuarios.

Os primeiros temas que poñerá en discusión Myparl.eu serán o futuro de Europa, o cambio climático e o diálogo intercultural.

O público en xeral tamén poderá expoñer as súas opinións envíandolles cartas á editora, pero non deixar comentarios directamente.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: