A compañía compostelá realizará cinco representacións no Festival Internacional de Expressao Ibérica.
Nut Teatro subirá aos escenarios do FITEI até cinco veces esta semana, presentando dúas obras: Corpos Disidentes e 4.48 Psicose. O Festival Internacional de Expressao Ibérica é unha das citas máis importantes das artes escénicas na Península, e este ano chega á súa edición número 31, reproducindo as representacións teatrais por espazos e escenarios distribuídos por distintas cidades do norte de Portugal.
A andaina da compañía galega no festival comezou no Cine Teatro de Torre de Moncorvo o mércores 28, onde presentaron 4.48 Psicose, texto da autora británica Sarah Kane. E o 30 de maio, tivo lugar no Teatro Municipal de Vila Real a estrea de Corpos Disidentes. Un día despois, no Teatro Aveirense de Aveiro, NUT repetiu o seu Corpos Disidentes, que representarán tamén o luns 2 de xuño no teatro Carlos Alberto de Porto. Para rematar, sobre o mesmo escenario o día 6 de xuño presentarase 4.48 Psicose.
Nut Teatro prepara agora unha nova obra, A Mirada de Pier.