Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
REDE WIMAX

A internet sen fíos xa chega ao 60% do Courel

Segundo anunciaron os directores xerais de Desenvolvemento Rural e Sociedade da Información, en dous meses acadará o 90%.

Redacción - 11:00 02/06/2008

A implantación da rede sen fíos que levará a internet ao Courel segue avanzando. Esta fin de semana, a directora xeral de Sociedade da Información, Helena Veiguela, e o de Desenvolvemento Rural, Edelmiro López, anunciaron en Folgoso que xa o 60% da poboación da zona dispón de conexión, e que nun prazo de dous meses a cobertura chegará ao 90%.

A rede, impulsada polas consellarías de Medio Rural e Innovación e Industria, é un proxecto piloto a nivel do país que servirá para estender a tecnoloxía a outras áreas rurais de difícil orografía. O proxecto abrangue a creación da infraestrutura de comunicación mediante a tecnoloxía Wimax e outras accións complementarias, como o subministro de hardware e campañas de sensibilización e formación.

Ademais, púxose en marcha o portal GalizaRural.net, unha plataforma de servizos básicos de telecomunicación que ten como obxectivo achegar as posibilidades que ofrece a rede ao conxunto da poboación da zona. O seu principal cometido é servir de portal de acceso e directorio de servizos da Sociedade da Información máis útiles.

Actualmente existe cobertura Wimax os núcleos de maior poboación: Folgoso, Seoane, Meiraos, Vilasibil, Vilamor, Froxán e Eiriz, e trabállase na segunda fase, que levará a rede a Seceda, Mercurín, Miraz, Moreda do Courel, Noceda, Paderne e Teixeira.


4/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: