Ou así, porque as combinacións poden ser moitas. A cousa é que se está pensando en facer un torneo cos billardeiros de Asturias e Euskadi.
Esta fin de semana ha partir da Mariña occidental unha caravana de palanadores e palanadoras que viaxan cara terras asturianas para participar no primeiro Abiertu de billarda, ou lirio, que é como lle chaman a este deporte os veciños asturianos.
O encontro desenvolverase no marco das festas da vila de Piyarnu, e é o primeiro coordinado pola Plataforma Copa Cantábrica (PCC), que engloba tanto os estamentos billardeiros galegos, baixo o paraugas da LNB e a ACD O Varal, como os estamentos do lirio asturiano, relacionados coa incipiente LNL (Liga Nacional do Lirio).
A piques de organizar un triangular
Ademais, a PCC está movendo fíos, tentando, nun futuro, englobar no seu seo á Txirikila, denominación vasca do noso deporte, para tentar converter a Copa Cantábrica nunha loita entre os tres países, un triangular que non se pode perder.