 
Han axudarlle á cidade olívica a "dar garantías deportivas" á súa candidatura para as Olimpíadas universitarias de 2013.
Este sábado saímos de dúbidas. A Federación Internacional de Deporte Universitario (FISU), con sede en Bruxelas, escolle entre Vigo, Kwang Ju (Corea do Sur) e Kazán (Rusia). 
Mentres, o Concello de Vigo anda buscando apoios que lle dea "garantías deportivas á súa candidatura". Esta terza feira asinaba un protocolo con catro alcaldes galegos (o de Santiago de Compostela, o de Castrelo de Miño, o de Pontevedra e o do Porriño) para que as súas cidades funcionen como subsedes da Olimpíada universitaria, no caso de que Vigo saia escollida.
Estes catro concellos poñerían ao dispor dos atletas universitarios chegados de todo o mundo as súas instalacións deportivas, sobre todo para realizar os adestramentos, aínda de Castrelo de Miño sería a sede oficial das competicións de remo.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto