Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Escuridade na concesión de permisos para a liberación de OMX

O Ministerio de Medio Ambiente agocha información sobre os ensaios con transxénicos

O novo "superministerio" de Medio Ambiente, Medio Rural e Medio Mariño, confirma os temores de ADEGA no senso de poñer os intereses produtivistas das grandes empresas por riba do ambiente, a saúde e o dereito á información da cidadanía. Un exemplo son os ensasios con transxénicos: durante a "etapa Narbona" as solicitudes das empresas biotecnolóxicas para liberar OMXs publicábanse conforme se recibían. Logo da "remodelación" de competencias e do cese da ministra esta información "descolgouse" da web do ministerio: só figuran as solicitudes actualizadas a 2007. Deste xeito a cidadanía non pode coñecer quen, onde e que transxénico se quere plantar no noso agro.

ADEGA - 22:25 27/05/2008

Para ADEGA esta é a confirmación de que coa inclusión das competencias ambientais en departamentos onde se xestionan materias de carácter económico e produtivista, quer a agricultura ou a pesca, o medio ambiente ficaba subsumido e subordinado a estas.
A influenza do lobby biotecnolóxico nas políticas europeas, estatais e autonómicas incide claramente nun marcado sesgo produtivista naquelas cuestións das que se poden derivar efeitos sobre o ambiente ou sobre a saúde. Deste xeito,
Cos ensaios para o cultivo de variedades transxénicas aconteceu que, de estaren expostas aquelas solicitudes con data de 2008, logo da reforma de competencias a cidadanía só pode consultar as peticións das empresas biotecnolóxicas con un ano de atraso.
Deste xeito, os concellos, asociacións de produtores/as e cidadáns en xeral que queiran coñecer onde (só a nível concello), que empresa e que variedade transxénica de organismo (fundamentalmente millo) se quere "ensaiar" nos nosos campos, non poden facelo. Ben é certo que agora tamén se informa do resultado das solicitudes, isto é, se os cultivos experimentais de transxénicos foron autorizados (a prática totalidade o son) ou non, mais... con un ano de retraso e unha vez rematado o ensaio.
gzt.jpgDeste xeito, puidemos saber que no 2007, todas as solicitudes de ensaios con transxénicos en campos de Galiza foron autorizadas. Nos concellos de Lalín, Val do Dubra, Touro, Castro de Rei, Ribeira, Mesía e Vilalba plantáronse transxénicos sen que nen as autoridades ou a cidadanía foran informadas.
ADEGA logrou facerse coas solicitudes de novos ensaios correspondentes ao 2008 antes de que foran "descolgadas" da web do Ministerio, pódense descarregar e consultar desde o seu web.

Dende ADEGA esiximos máis transparencia e información cos ensaios de liberación voluntaria de transxénicos no noso país. Está en xogo a nosa biodiversidade, a nosa saúde e o dereito á soberanía alimentar dos galegos/as que no queren que a súa alimentación dependa das patentes e o capricho das compañías biotecnolóxicas.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: