Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
EN MADRID

Gómez Noya logra a súa décima vitoria nunha proba da Copa do Mundo

O galego sacoulle dezanove segundos ao segundo clasificado, Ivan Vaisiliev.

EP/Redacción - 17:20 25/05/2008
Gómez Noya na Casa de Campo madrileña

Gómez Noya na Casa de Campo madrileña

O ferrolán Gómez Noya demostrou este domingo en Madrid que con el non pode nin a meteoroloxía. O triatleta galego gañou a sexta proba da Copa do Mundo. A segunda e terceira praza foron para o ruso Iván Vaisiliev (a 19 segundos) e o británico Alistair Brownlee, respectivamente. O londinense Tim Don, o líder provisional da Copa do Mundo, conseguiu unha cuarta posición na proba que lle sirve para manter o primeiro posto.

Esta é a décima vitoria de Gómez Noya nunha proba da Copa do Mundo. O galego tivo que soportar unhas duras condicións climatolóxicas que fixeron que máis da metade dos 66 participantes non puidesen rematar a proba (entre eles o ordense Iván Raña).

No sector de natación, onde os participantes tiñan que completar 1.500 metros na lagoa da Casa do Compo, non houbo sorpresas. Os franceses e os alemáns intentaron atacar pero o ferrolán mantívose moi ben ao longo dos corenta quilómetros en bicicleta. Na proba a pé, Gómez Noya demostrou outra volta a súa valía deixando atrás aos seus competidores.


5/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: