A explosión produciuse ás 0h50, despois de recibirse un aviso unha hora antes no servizo de axuda en estrada.
É a primeira acción da ETA despois da explosión do coche bomba colocado a pé da casa cuartel de Legutiano o mércores pasado.
Contra a medianoite, nunha chamada ao servizo de axuda na estrada DYA, un comunicante que dicía falar en nome da ETA avisou de que unha hora máis tarde estouparía unha bomba no paseo marítimo de Getxo. Ás 0h50 facía explosión un vehículo no lugar. As vivendas próximas foron desaloxadas. Non se produciron mortes nin feridos.
Máis na EiTB24