O Centro Cultural Caixavigo cumpriu onte 15 anos xa que foi inaugurado un 22 de marzo de 1984. Desde entón, uns dez millóns de persoas disfrutan dalgunhas das iniciativas organizadas por esta entidade.
A sede do centro (situada nun edificio deseñado polo arquitecto galego, Antonio Palacios) ten albergado a grandes figuras da danza, a lírica e as artes plásticas. Entre elas destacan nomes como o de Monserrat Caballé, Julio Bocca, Antonio Gades, "Comediants" e "Els Joglars". Ademais, a sala de exposicións da entidade, ten acollido máis de 125 mostras artísticas. Máis de medio millón de persoas visitou as instalacións desta entidade cada ano dende a súa creación e, dado o éxito, Caixavigo anunciou a posibilidade de rehabilitar outro edificio histórico para convertelo tamén nun novo centro que acolla á cultura.