Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Na vindeira tempada de caza

Medio Ambiente autorizará batidas onde se produzan máis accidentes por atropelo de animais

Os ecoloxistas protestan pola nova medida e estudan abandonar o Comité Galego de Caza ao considerar que non se teñen en conta as súas achegas.

Redacción / EP - 15:30 11/05/2008
Un xabaril atropelado / Imaxe: Protección Civil de Vilagarcía

Un xabaril atropelado / Imaxe: Protección Civil de Vilagarcía

A Consellaría de Medio Ambiente poderá autorizar batidas nos puntos da xeografía galega onde se produza un número significativo de accidentes de tráfico por atropelo a animais, un tipo de sinistro que en Galiza afecta, sobre todo, aos xabarís e aos corzos.

Isto é o que se conclúe da orde da Xunta que determina as épocas hábiles de caza para a tempada 2008-2009, na que a principal novidade é precisamente, considerar "danos producidos pola caza" as perdas resultantes deste tipo de accidentes de tráfico.

En declaracións a Europa Press, o subdirector de Caza, Emilio Rosa, xustificou que esta medida ten a ver co "chamativo número" de atropelos a animais que, segundo datos da Consellaría, se producen en Galiza. Segundo subliñou, isto é debido a que no noso país hai dous millóns de hectáreas de monte, pola que discorren moitas estradas.

A pesares desta medida, o deportamento de dirixe Manuel Vázquez tamén recoñece que organizar batidas é unha opción, mais que a Xunta, segundo explicou Rosa, baralla outras medidas, como poñer balados nos camiños, limpiar os montes ou espantar os animais para evitar que a súa "ruta fixa" non os obrigue a atravesar polo asfalto. "Non hai ningunha estratexia de matar bichos por matar", sentenciou Rosa ao tempo que lembraba que "non sempre se vai decidir organizar batidas con armas".

Críticas dos ecoloxistas

As organizacións ecoloxistas galegas cuestionaron as afirmacións de Emilio Rosa. Segundo o secretario executivo de Adega, Fins Eirexas, a intención da Xunta é "contentar ao lobby da escopeta" e, ademais, non existen, ao seu ver "moitas razóns para confiar na boa vontade de Medio Ambiente".

Segundo Eirexas, o feito de que a Xunta poida organizar estas batidas cando sexa é unha manobra para "estender artificiosamente a tempada de caza". "Quen vai controlar se realmente os danos aos vehículos foron causados por pezas de caza", preguntouse Eirexas ao tempo que lamentaba que, "coma sempre", van ser os animais os que leven e peor parte.

Fins Eirexas tamén anunciou que dentro de quince días se han xuntar as asociacións ecoloxistas galegas en Lalín para decidir se van permanecer máis tempo no Comité Galego da Caza, posto que hai quen, coma el, pensa que están no ente só como "convidados de pedra", posto que non se teñen en conta as súas suxestións ou protestas.


5/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: