Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
NORMALIZACIÓN

A Xunta aproba o decreto que obriga a que os secretarios e interventores municipais coñezan a lingua do país

Estes funcionarios de habilitación estatal terán que ter un nivel equivalente aos Celga 4

Redacción - 20:00 08/05/2008

O Consello da Xunta aprobou este xoves o decreto que regula a obrigatoridade de que os secretarios, interventores e tesoureiros dos concellos (de habilitación estatal) teñan un coñecemento mínimo da nosa lingua tanto a nivel escrito coma oral.

Nas bases do concurso ordinario para a cobertura de postos reservados a funcionarios con habilitación estatal e nas convocatorias para a provisión de postos polo sistema de libre designación, esixirase o coñecemento do idioma.

Os aspirantes ás prazas teñen que presentar a documentación dos Celga 4 ou doutros seminarios equivalentes. Os que non posúan estes títulos oficiais terán que pasar un exame.


5/5 (11 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: