O operador galego medrou en clientes de telefonía fixa e de internet por riba do resto das empresas de comunicacións estatais.
O operador galego de comunicacións por fibra óptica R medrou a súa cifra de negocio por riba das demais empresas do sector no Estado Español. O informe da CMT do cuarto trimestre de 2007 reflicte que R medrou con respecto ao ano anteiror un 10,74% no volume de negocio en telefonía fixa e un 11,89 en clientes, fronte ao 1,61% da media estatal.
Pero o principal incremento deuse en servizos de internet, onde R medrou un 38,10% en clientes, fronte ao 19,12% da media estatal. Actualmente, R conta con 221.000 clientes, dos que 46.300 son empresas, e está presente en 50 poboacións e 22 polígonos empresariais.
A empresa pechou o exercicio 2007 con 166 millóns de euros de ingresos de explotación, cun resultado operativo de 73,8 millóns e unha marxe operativa do 44,7% sobre ingresos, o que a converte na líder en rendabilidade entre os operadores estatais.