Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Deportistas galegos polo mundo

Hermida consegue a prata na proba madrileña da Copa do Mundo

O ciclista de orixe galega segue facendo méritos, ensaiando para Beixín. Mentres, Nacho Novo destaca nos Glasgow Rangers, anotando o gol decisivo que os leva á final da UEFA.

Redacción - 11:45 05/05/2008
Nacho Novo cos Glasgow Rangers

Nacho Novo cos Glasgow Rangers

O punta ferrolán de 29 anos, Nacho Novo, marcou cando máis falta facía un penalti que lle deu ao seu equipo, os Glasgow Rangers, o triunfo ante a Fiorentina, e o pase directo para a final da Copa da UEFA, que ha xogar o vindeiro 14 de maio contra o San Petersburgo, en Manchester.

Todo isto foi a pasada quinta feira. Agora, Novo, segue a vivir un dos seus mellores momentos no equipo escocés, após ter asinado contrato até 2010.

Xosé Antón Hermida, prata na Copa do Mundo
Este domingo o fillo de galegos conseguiu a medalla de prata na proba madrileña da Copa do Mundo de Bicicleta de Montaña, quedando só por detrás do francés Julien Absalon, que xa leva, con este, tres triunfos seguidos.

A proba desenvolveuse, segundo os propios ciclistas, en condicións moi semellantes ás do circuíto olímpico, xa que tanto a calor que soportaron como o trazado da proba, feitos estes que favorecen aos homes máis potentes, con moi parecidos aos do percorrido que hai que facer en Beixín.

Falando de Beixín, a tres meses de que comecen as Olimpíadas, Hermida é un dos favoritos nas quinielas para conseguir os arelados metais olímpicos. De feito en Atenas 2004 estivo rozando o ouro, mais ao final trouxo para a casa a prata.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: