Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NON HABERÁ RECOLLIDA DE SINATURAS

A Mesa do Parlamento aborta a ofensiva de EU para reducir o límite electoral ao 3%

Considera que non pode tramitar a iniciativa lexislativa popular xa que a reforma afecta ao "desenvolvemento básico do Estatuto de Autonomía".

Redacción - 18:00 02/05/2008

Esquerda Unida non poderá nin recoller as 15 mil sinaturas necesarias para que se debata no Parlamento unha reforma da lei electoral galega. A Mesa da Cámara considera que non pode tramitar a petición porque a proposta de EU de rebaixar do 5 ao 3% os votos necesarios para obter representación parlamentaria afecta ao “desenvolvemento básico do Estatuto de Autonomía”.

Antes de coñecerse a decisión da Mesa do Parlamento, os tres grupos con presenza na Cámara xa se mostraran pouco proclives a rebaixar a barreira que estabeleceu en 1992 o PPdeG.


5/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: