Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
O ciclismo estatal recoñece o seu traballo

O Karpin Galicia vai correr, un ano máis, a 'Vuelta a España'

Vai ser un dos 20 equipos convidados, cousa que non causou moita sorpresa, tendo en conta o boísimo papel que fixo na pasada edición, colocando a Mosquera de quinto na xeral.

Redacción - 17:02 29/04/2008
O KGZ adestrando na Costa da Morte

O KGZ adestrando na Costa da Morte

O Karpin Galicia vai ser un dos 20 equipos que han correr na vindeira 'Vuelta a España', segundo anunciou a organización da principal volta por etapas da península.

Ao comezo presentáranse 33 solicitudes, e só se seleccionaron estas 20, entre as que están as dos 18 equipos Pro Tour, sen ter en conta ao High Road, que quedou fóra da rolda "por problemas de motivación". Ademais a organización convidou a outro equipo estatal, alén do KGZ, o Andalucía Cajasur; e ao italiano Tinkoff.

Os equipos escollidos, segundo Víctor Cordero, director da 'Vuelta', foron seleccionados segundo criterios da Asociación Mundial de Equipos, e reúnen os máximos requisitos éticos, de imaxe e administrativos, e que están catalogados pola UCI nos niveis Pro Tour e Profesionais Continentais Wild Card.

Entre os ciclistas incluídos na selección están os integrantes do podio do último Tour de Francia, moi polémicos pola súa vinculación a equipos relacionados coa dopaxe, como o español Alberto Contador, o australiano Cadel Evans e o estadounidense Levi Leipheimer. Tamén soan nomes como o doutro galego Óscar Pereiro, que estará acompañado de Alejandro Valverde (ámbolos dous do Caisse D'Epargne); Óscar Freire (Rabobank); Davide Rebellin (Gerolsteiner); Tom Boonen e Paolo Bettini (Quick Step). É unha listaxe que chega mesmo a superar ás que tiveron a pasada tempada Tour e Giro.

Os equipos que han participar na 'Vuelta a España 2008'

Estado Español: Caisse D'Epargne, Euskaltel Euskadi, Saunier Duval, Andalucía-Caja Sur e Karpin Galicia.
Francia: Ag2r, Bouygues Telecom, Cofidis, La Francaise e Credit Agricole.
Suíza: Astana
Alemaña: Gerolsteiner e Milram.
Italia: Lampre, Tinkoff e Liquigas.
Bélxica: Quick Step e Silence Lotto.
Holanda: Rabobank.
Dinamarca: CSC.


4,5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: