Amigos e compañeiros recordan o director, finado hai dous meses, coa proxección dun pequeno filme.
Emilio MacGregor
A Asociación de directores e realizadores de Galiza (CREA), organiza unha homenaxe ao finado director Emilio McGregor, que terá lugar no CGAI (Compostela) este sábado ás 18.00 horas. O acto consistirá nunha pequena presentación a cargo de Eduardo Macgregor, pai do director, Pepe Coira, Evaristo Calvo e Xavier Bermúdez.
Ademais, proxectarase unha peza feita ex profeso para o acto onde moitos amigos e compañeiros de Emilio falarán da súa relación con él, xa fora profesional ou persoal. Esta peza ten unha duración aproximada de 17 minutos.
A continuación proxectaranse algúns traballos de Emilio Macgregor, comenzando por Punto Final, curta que dirixiu para Hai que botalos sobre un guión de Manolo Rivas. A continuación ofrecerase un documental dirixido por MacGregor: O que dis que din.