Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CAMBIOS NO PPdeG DA CORUÑA

Os alcaldes aceptan a Carlos Negreira pero queren máis protagonismo

Os rexedores máis críticos con Juncal están dispostos a darlle un voto de confianza ao coruñés aínda que pensan que ten un perfil “tecnócrata”.

Redacción - 11:10 24/04/2008

Carlos Negreira ten vía libre para converterse o vindeiro mes de maio en presidente do PPdeG na provincia da Coruña.

Os mesmos alcaldes que ergueron a voz contra o aínda presidente, Xoán Juncal, están dispostos a aceptar a Negreira, aínda que consideran que o partido ten que artellar novos mecanismos que permitan que os concellos teñan máis peso nas decisións.

As voces máis reivindicativas proceden das zonas de Compostela e da Costa da Morte. “O único que queremos é que se conte con nós, que as decisións non as tomen só catro na Coruña”, subliñáballe este mércores un rexedor a Vieiros.

Polo camiño quedou unha posíbel candidatura de Adolfo Gacio, alcalde de Boqueixón. Aínda que Gacio contaba co respaldo de alcaldes de diferentes comarcas, decidiu non presentar batalla logo de reunirse con membros da dirección do partido.

Os máis críticos co labor de Juncal consideran que Negreira non é o mellor candidato xa que din ten un perfil moito máis “tecnócrata” ca político. Aínda así, sinalan que están dispostos a “darlle un voto de confianza” ao candidato do aparato oficial.


3,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: