Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
O atleta coruñés quere ir aos Xogos Olímpicos

Lolo Penas á procura da mínima olímpica en Elviña

O vindeiro 2 de xullo vai participar n'O soño olímpico, unha competición organizada pola Concellaría de Deportes da Coruña.

Redacción - 12:08 23/04/2008
Lolo Penas

Lolo Penas

A data para que Lolo Penas consiga o pasaporte para Beixín 2008 xa está confirmada: o vindeiro 2 de xullo o atleta coruñés participará n'O Soño Olímpico, unha competición que se desenvolverá no Estadio de Elviña, na Coruña, organizado pola Concellaría de Deportes da cidade, en colaboración coa Dirección Xeral para o Deporte, a Federación Galega de Atletismo, a Universidade da Coruña e varios clubes de atletismo.

O que ten que facer Penas é correr os 5.000 metros en 13 minutos, 21 segundos e 50 centésimas, a mínima olímpica para poder participar nos Xogos Olímpicos de verán, en Beixín.

Dende a Concellaría de Deportes, que dirixe o nacionalista Xoán Martínez Cajigal, manifestaron que os seus obxectivos con esta proba son os que conseguir que moitos cativos e cativas se acheguen ao estadio para apoiar ao seu protagonista.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: