Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Presentará mocións pedindo a derrogación

O PP mobiliza os seus edís contra o decreto do hábitat

A conselleira de Vivenda recorda que os concellos contarán este ano cun millón de euros para garantir o cumprimento das Normas.

Redacción - 09:00 22/04/2008
Afonso Rueda, secretario xeral do PP

Afonso Rueda, secretario xeral do PP

O PPdeG anunciou este luns que moverá aos seus representantes en todos os municipios do país a presentaren mocións instando a Xunta a derrogar "de inmediato" o decreto de habitabilidade. A decisión chega ademais despois de que o presidente do partido, Alberto Núñez Feijoo, subliñase que no caso de gañar as próximas eleccións suprimirá este decreto.

Perfecto Rodríguez, alcalde do PP en Ponte Caldelas e vicepresidente da Federación Galega de Municipios e Provincias, resumiu así os argumentos do seu partido contra a Norma do Hábitat, cualificándoa de "intervencionista", queixándose de que "xera inseguridade" e "rexeitamento", criticando que "invade competencias municipais", advertindo de que "bloqueará a aprobación de planeamentos" e asegurando que "incrementará o prezo dos pisos un 30%".

Táboas ve a voz dos promotores por tras da do PP
"A oposición frontal de certos promotores era previsíbel", explica este luns a conselleira de Vivenda, Teresa Táboas, desde a web do BNG. Táboas recoñece que este sector considerou "a súa marxe de beneficios reducida" e entende que estes intereses "tamén repercuten nos posicionamentos de certas forzas políticas". "Na polémica destes días coas Normas do Hábitat Galego penso que todos quedaron claramente retratados para a sociedade galega", sentencia a conselleira.

"Cando non se teñen argumentos sólidos a demagoxia de que van subir os prezos da vivenda é a ferramenta que se utiliza", láiase a conselleira de Vivenda. Lembra Táboas que estes prezos xa medraron en Galiza "até un 300% nos últimos 10 anos", provocando que moitas persoas "quedaran fóra do acceso a unha vivenda". Nese contexto, na súa opinión chegaron os tempos de que os beneficios do sector inmobiliario se reduzan e pasen a parecérense máis aos doutros sectores económicos. "A construción ten uns beneficios que rondan o 5% e no sector da promoción houbo momentos en que o beneficio se multiplicaba por 100 e por 200% do que se investía realmente", indicou.


Os construtores cargan de novo contra a Norma

A Asociación Provincial de Empresarios da Construción de Lugo tamén bourou contra as Normas do Hábitat. O seu presidente, Hipólito Trinidad, dixo estar convencido que é imposíbel que saian adiante no tempo”. O representante dos construtores atacou á Xunta dicindo que “dende un despacho en Santiago é moi fácil sacar normas e leis, sobre todo xente que na vida pisou unha obra. Se nos escoitasen dende o principio, estou seguro de que estas normas serían distintas”.


3/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: