Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Baloncesto feminino

O Extrugasa e o Celta Vigourban xogan en poucos días, o pase á Liga Europea

Loitan por poder xogar no cancha propia os partidos que os levarían a Europa. As viguesas parten con vantaxe.

Redacción - 18:20 17/04/2008
O Celta Vigourban na pasada tempada

O Celta Vigourban na pasada tempada

O Celta Vigourban e o Extrugasa de Vilagarcía xogan, nas últimas dúas xornadas de liga, as posibilidades de poder loitar nas súas propias canchas, nos play-off nos que se reparten as últimas prazas europeas para a próxima tempada; é o chamado factor campo, ou, desta vez, deixando o fútbol de lado, factor-cancha.

Aínda quedan dous partidos, un para esta fin de semana e outro para a vindeira (o sábado 26), pero, polo de agora, segundo vai a clasificación, os postos do play-off para xogar a Eurocopa hanse repartir entre o Celta Vigourban (sexto), o Extrugasa de Vilagarcía (sétimo) e o Rivas Futura (quinto, polo de agora, pero de cambiar as cousas, este posto podería ser para o San José, que vai cuarto). Entre estes repártense dúas prazas europeas, e hai moitas combinacións posíbeis para os enfrontamentos directos. O que case é seguro é que os dous equipos galegos terán que xogar entre eles.

As dúas últimas xornadas de liga

Esta fin de semana o Celta xoga na casa contra o quinto clasificado, xusto por riba das viguesas, polo de agora; o Rivas Futura. Polo seu lado, o Extrugasa viaxa a Canarias para se enfrontar ao Gran Canaria. O sábado seguinte, o 26 de abril, o Extrugasa xoga na casa, en Fontecarmoa, fronte ao Perfumerías Avenida (terceiro na clasificación); e o Celta fóra, fronte ao Extremadura Dato.

As dúas xornadas que quedan son decisivas para saber quen parte con vantaxe nos play-offs, ao ter, do seu lado, o factor-cancha, posto que o pase á Eurocopa xógase a dous partidos, coa posibilidade de ir a un terceiro para desempatar, e neste tipo de eliminatorias é ben importante xogar na casa, co apoio da afección propia.

Polo de agora as que levan vantaxe son as viguesas, porque teñen un partido gañado máis do que as arousás, co que con gañar un só dos partidos de liga que quedan terían, matematicamente, o factor-cancha do seu lado.


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: