Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
En Compostela

Lembrando os que están privados de liberdade polas súas ideas

No 'Día Internacional de Solidariedade cos Presos e Presas Políticas' o colectivo Ceivar organiza unha charla na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago.

Redacción - 12:27 17/04/2008
Cartel pedindo a liberdade dos presos políticos mapuches

Cartel pedindo a liberdade dos presos políticos mapuches

Hai catro anos unha delegación do organismo Ceivar desprazouse a Donosti para participar na 'I Conferencia Internacional sobre Presos e Presas Políticas', e daquel encontro de dous días (no que se sucederon palestras, debates e comunicacións nas que participaron movementos anti-represivos de todo o mundo) xurdiu a idea de declarar o día 17 de abril como o 'Día Internacional de Solidariedade cos Presos e das Presas Políticas".

Coincidindo con esta data, esta organización convocou unha charla, ás 20:00 horas na Facultade de Xeografía e Historia, en Compostela, que ha versar, segundo contan na súa web, "sobre o contexto represivo actual e a situación dos presos e presas independentistas galegos".

Na web do colectivo tamén se pode ollar un manifesto escrito especialmente para este día, no que se fala da situación dos presos e presas políticas en Europa, en especial no estados español e francés, mais tamén en Italia, Alemaña, Sardeña ou Bélxica. Tamén hai unha lembranza para os "presos políticos do imperio" (citan a Leonard Peltier, Mummia Abbu Jamal ou Simón Trinidad), os palestinos, os turcos... mais sobre todo para os "dezasete galegos e galegas antifascistas e comunistas actualmente encarcerados e encarceradas nas prisións españolas".


4,17/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: