Os dous grupos municipais chegaron a un acordo en forma de moción, que será aprobada no caso de que a alcaldesa non asine o texto.
Concentración contra a violencia, en Arrasate o 8 de marzo
O PSE e o PNV de Arrasate (Guipuscoa, Euskadi) rexistraron esta quinta feira unha moción "en defensa da democracia e valores éticos e de condena da violencia", na que exixen a dimisión dos cargos locais de ANV no caso de que este grupo non a apoie, cousa, esta última, que ven "previsíbel".
Na moción, socialistas e nacionalistas solicitan a convocatoria dun Pleno Extraordinario e urxente e "acordan asumir o compromiso ao dereito á vida, rexeite á vulneración dos dereitos humanos e garantía de pluralismo".
O que os socialistas procuran, segundo unha nota de prensa enviada aos medios vascos, é que a alcaldesa, Inocencia Galpalsoro (ANV), á que o voceiro municipal do PSE, Francisco García Raya, cualificou de "indigna", estea o menos tempo posíbel á fronte do concello.
Pódese atopar máis información sobre esta moción nos xornais vascos Deia, Gara ou Correo Vasco.