Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Eleccións ao Parlamento 2009

NÓS-UP, aberta a participar nunha candidatura unitaria da esquerda soberanista

"Para crebar a hexemonía dos clónicos proxectos que hoxe ocupan en exclusiva a política institucional do noso País", afirman.

Redacción - 13:31 10/04/2008

A formación independentista NÓS-Unidade Popular amosou a súa disposición a participar nunha candidatura unitaria da esquerda soberanista, segundo informou a Dirección Nacional mediante un comunicado enviado aos medios.

"A nosa organización ten firme disposición para renunciar a presentar candidatura propia nas eleccións de 2009, se o conxunto da esquerda nacional da Galiza se mostra disposta para concorrer cunha mesma candidatura superadora da fragmentación", anuncian.

"NÓS-UP (...) ten plena disposición a contribuír para o éxito desta necesidade histórica: recuperar a esperanza, dar voz aos movementos sociais, rexenerar a política de esquerda, incorporar o dereito de autodeterminación no centro de gravidade da acción política galega, contribuír a crebar a hexemonía dos clónicos proxectos políticos que hoxe ocupan en exclusiva a política institucional do noso País", engaden no texto.


4,16/5 (25 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: