Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Con oito medallas

Galiza queda primeira no Open de Bélxica de taekwondo

Os taekwondistas galegos destacaron entre os 800 deportistas que tentaban levar metais nunha competición clasificada como de primeira orde pola federación internacional.

Redacción - 19:05 07/04/2008
Manuel Barros conseguiu unha prata no peso Galo

Manuel Barros conseguiu unha prata no peso Galo

As medallas estiveron moi repartidas no Open de Bélxica de taekwondo que se desenvolveu a pasada fin de semana na cidade de Herenthals. Case todos os equipos levaron as súas, e a selección galega levou oito; seis gañadas o sábado e seis gañadas o domingo que a levaron ao triunfo final.

Neste Aberto participaban máis de 800 competidores, e ademais estaba clasificado pola ETU na clase A (máximo nivel) na listaxe de probas europeas, polo que as medallas obtidas teñen aínda máis valor.

Un galego para o Campionato do Mundo
Na categoría júnior masculina o posto para ir ao Mundial que se ha desenvolver en xuño en Izmir (Turquía), representando ao Estado Español está moi disputado, pero os galegos David Pérez Leiva e José Antonio Andrade Portabales levan as de gañar, ao obter cadansúa medalla de bronce en Bélxica.

Seis medallas en sénior

Os metais foron para Manuel Barros Couso, do Mace Sport de Pontevedra e Juan Fernández Rei, do Natural Sport de Riveira, que no peso Galo (-62 quilos) levaron unha prata e un bronce respectivamente. Fernando Rascado Ríos do Tao-Clínica Luis Vilas gañou outra medalla de bronce en superlixeiro (-78 quilos); e a boirense do Natural Sport de Riveira, Rebeca Mariño Torrado, conseguiu a prata no peso galo (-55 quilos). Paula Carro Avendaño, do Patiño de Moaña levou un bronce na categoría Lixeiro (-63 quilos) e a caldense Lúa Piñeiro Devesa, do Olimpic de Vilagarcía conseguiu outro bronce en superlixeiro (-67 quilos).

A excelente preparación dos galegos

A maior parte deste mozos e mozas son bolseiros do CGTD de Pontevedra e na tempada 2007-2008 realizaron un gran traballo, dedicándolle entre 10 e 20 horas semanais ao adestramento, e á preparación física e técnico-táctica para destacar na elite do taekwondo mundial.

Dado o nivel de Galiza (que cada vez está a gañar máis protagonismo a nivel internacional), son constantes as solicitudes para compartir adestramentos con equipos nacionais como os de Francia, Bélxica, Portugal, Noruega, Guatemala, México...


Ligazóns

5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



David Pérez Leiva conseguiu un bronce, e debúllase como posíbel seleccionado polo combinado estatal para o Mundial
David Pérez Leiva conseguiu un bronce, e debúllase como posíbel seleccionado polo combinado estatal para o Mundial
Unha imaxe da selección galega
Unha imaxe da selección galega