Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NON SE COÑECE A SÚA IDENTIDADE

Morren dúas persoas en León polo mal das 'vacas tolas'

O Ministerio de Sanidade informou que as vítimas finaron hai un mes pero estaban contaxiadas dende hai sete anos.

Redacción - 16:50 07/04/2008

Dúas persoas, de 26 e 51 anos respectivamente, faleceron na provincia de León pola doenza de Creutzfeldt-Jakob, popularmente coñecida como o “mal das vacas tolas”. Unha das vítimas finou o pasado mes de marzo. As mortes son as primeiras recoñecidas oficialmente dende 2005.

As autoridades españolas aínda non informaron da identidade nin do lugar de residencia das dúas personas finadas. Porén, dende o goberno autonómico de Castela e León afirman que os dous casos foron detectados antes de 2001.

O director do Centro Nacional de Referencia de las Encefalopatías Espongiformes Transmisibles, Juan José Badiola, pediu calma. Nunha entrevista radiofónica asegurou que non hai que alarmarse porque as vítimas puideron coller o mal hai más de oito anos. Badiola lembrou que en toda a Unión Europea hai estritos controis veterinarios dende finais dos anos 90.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: