Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
O compostelán destaca en Madrid

Nimo consegue o mellor posto de entre os corredores estatais no Medio Maratón

De entre os 13 mil corredores, destacou o galego, que correu dúas carreiras do estilo nunha semana. María Abel quedou terceira en Barcelona, e Domínguez chegou ao podio en Vigo.

Redacción - 13:30 07/04/2008
O compostelán Pedro Nimo

O compostelán Pedro Nimo

O compostelán Pedro Nimo, no seu segundo Medio Maratón en sete días ( o primeiro foi en Azkoitia o sábado), conseguiu entrar de cuarto, sendo o mellor clasificado de entre os atletas do Estado que participaban na proba madrileña. O gañador foi o queniano Eric Kibet Kogo.

Nimo competiu en Madrid para preparar o maratón de Róterdam, que se ha desenvolver o domingo que vén.

María Abel, terceira en Barcelona
A atleta lucense participaba na Cursa dels Bombers de Barcelona, e entrou de terceira, por detrás de Marta Domínguez, facendo unha excelente carreira. A proba tamén foi gañada por unha atleta queniana, Eunice Jepkorir.

Elías Domínguez chega ao podio no Vig-Bay
Aínda que se inscribiu en último lugar, o marroquí Yossf El Kalai conseguiu gañar o medio maratón Vig-Bay, que este ano batía a súa mellor marca en canto a participación, con preto de 2.700 atletas na liña de saída, aínda que non chegasen todos á meta.

O que si chegou, e de segundo, foi o vigués Elías Domínguez, que entrou a tres minutos de El Kalai, a pesares de tentar seguilo en todo momento, mais o atleta marroquí saíu lanzado. Con Domínguez correu, en case toda a proba, Daniel Bargiela, atleta de Ponteareas que entrou de terceiro. O mozo deixou hai nada o triatlón para se dedicar de cheo ao atletismo, e nesta carreira demostrou a súa forza.

Lolo Penas gaña en Iurreta
Superando no sprint final aos corredores africanos, o atleta coruñés impuxo o seu ritmo na carreira urbana de Iurreta (Biscaia). De segundo entrou o etíope Alemayeho Bezade, seguido do queniano Ezequiel Kemboi. De sexto entraba o compostelán Jesús de la Fuente, que segue a facer un bo papel nas carreiras internacionais.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Elías Domínguez, coa camisola da Vig-Bay
Elías Domínguez, coa camisola da Vig-Bay
María Abel no centro da imaxe, no podio da 'Carreira das mulleres' de Sevilla, en 2007
María Abel no centro da imaxe, no podio da 'Carreira das mulleres' de Sevilla, en 2007
O atleta coruñés Lolo Penas
O atleta coruñés Lolo Penas