No día de hoxe, sae aos medios, unha de tantas discusións, entre as Consellerías que se disputan o Medio (Ambiente e Rural) aínda que o que desvela o País é o mundo ao revés.
Mentres que Medio Ambiente, gustaríame saber que información manexan para tomar esta postura, está a favor dos experimentos de tranxénicos en galiza, Medio Rural está en contra pois danaría á imaxe de agricultura de calidade e ecolóxica dos nosos produtos
Está visto a política sen rumbo da Consellería de Medio Ambiente, que é a política dos que máis van chorar polos despachos de San Lázaro (sempre e cando te deixen ir a chorar, pois é cousa duns poucos privilexiados, como canteiros, areeiros, piscifactoreiros, etc...), neste caso é o que dicte Madrid e o que diga Narbona, postura que tamén extrana dela, pois ten a ben ser máis prudente.
Nesta ocasión, habería que apoiar a política da mentira que practica Suárez Canal, e digo mentira pois as xustificacións que poñen enriba da mesa son mentiras, pois por desgraza, agricultura e gandeiría galega cada vez ten pior calidade e cada vez é menos ecolóxica. Pois ecolóxico non é usar tranxénicos ou non, se non usar cada vez menos produtos químicos (ao revés dos transxénicos), cada vez máis respetuoso co medio ambiente (as augas doces soterradas coma superficiais, están caa vez máis contaminadas polas actividades agrícolas e gandeiras) e con un uso racional das terras. A Suarez Canal; neste tema siga mentindo, que neste caso o apoiaremos.
Mentres as multinacionais de biotecnoloxía Monsanto e Painer preparan ensaios de millo transxénico en oito municipios galegos, as consellerías de Medio Rural (en mans do nacionalista Alfredo Suárez Canal) e a de Medio Ambiente (que dirixe o socialista Manuel Vázquez) discrepan sobre a autorización destes cultivos experimentais. O permiso definitivo compete ao Ministerio de Medio Ambiente que conta co aval da Consellería que dirixe Manuel Vázquez pero tamén coa oposición de Medio Rural "que non ten entre os seus plans" apoiar este tipo de plantacións. As dúas multinacionais pretenden cultivar nos municipios coruñeses de Val do Dubra, Touro, Mesía, Ribeira e Arteixo; nos lucenses de Vilalba e Castro de Rei; e no pontevedrés de Lalín millo transxénico MON-810 e NK603, que foi sometido a unha manipulación xenética para que sexan resistentes ao herbicida glifosato, ás pragas de trades e a ataques de certos vermes.
O Ministerio de Medio Ambiente móstrase favorable a condición de que os experimentos conten co "visto e prace" da Comisión de Biodiversidade. Este organismo establece requisitos de seguridade entre os que inclúe distancias mínimas con outros cultivos ou a introdución de sementas convencionais que actúen como trampa para o pole. O pasado ano xa se plantaron unhas 75.000 hectáreas de millo modificado xeneticamente en España.
Libre de transxénicos Esta consellería argumenta que os cultivos non achegan ningunha mellora significativa á produción nas condicións da agricultura galega. Ademais, interpreta que o seu popularización "pode lesionar" a imaxe de marca de Galicia como país que ten unha agricultura con "alimentos de calidade e respectuosa co Medio Ambiente". Medio Rural alega tamén que "non está suficientemente probada" a ausencia de riscos para a conservación da biodiversidade vexetal e animal.
Esta postura concorda coa que manteñen 15 organizacións ecoloxistas culturais e agrarias que crearon a Plataforma Galega Antitranxénicas, que se presenta o luns en Santiago e que busca que a comunidade sexa declarada zona libre de transxénicos, tal e como sucede en Canarias, Asturias, País Vasco e Baleares e noutras 170 rexións e países de Europa.