Segundo o informe presentado por Fernández Antonio, o crecemento da economía do país, do 4%, contribuíu ao aumento dos ingresos por riba do previsto.
Fernández Antonio, á dereita, con Touriño e Méndez Romeu á entrada do Consello / Ana Varela
A Xunta fixo público este xoves o balance económico do exercicio 2007, onde se incrementou o investimento produtivo nun 11,8%, os ingresos non financeiros no 8,8% e se cumpriu o orzamento nun 92,7%. O superávit o exercicio acadou os 92 millóns de euros. O informe presentouno no Consello da Xunta o conselleiro de Economía e Facenda ao Consello da Xunta, Xosé Ramón Fernández Antonio.
En cifras concretas, os ingresos non financeiros superaron por primeira vez os dez millóns de euros, até os 10.638, o que supón un incremento de 404 millóns sobre a cifra inicialmente prevista. Segundo o informe, o bo comportamento dos ingresos debeuse ao crecemento do 4% da economía galega, dúas décimas por riba da media estatal.