As axudas están destinadas aos homes traballadores ou familias monoparentais que traballen por conta allea e coiden menores de 3 anos.
A Vicepresidencia da Xunta ofrece axudas de entre 2.400 e 3.600 euros anuais a todos aqueles pais traballadores que reduzan a súa xornada laboral para atender aos fillos menores de tres anos.
Poden optar a esta convocatoria os homes que traballen por conta allea e as familias monoparentais, formadas por home ou por muller e que tamén traballen por conta allea.
Segundo publica esta quinta feira o DOG, o departamento conta cun orzamento de 580.323 euros para levar a cabo estas axudas. Case 200.000 euros máis que na pasada convocatoria, onde o gasto foi de 400.000 euros.
Consulta aquí a publicación.