Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
O 3 DE ABRIL NA UNIVERSITAT DE BARCELONA

Galego e catalán, en Galiza e en Catalunya, e viceversa

O Proxecto Galauda organiza un intercambio entre estudantes de galego en Cataluña e estudantes de catalán en Galiza.

Redacción - 22:30 01/04/2008

Dentro das diversas actividades que o Proxecto Galauda realiza ao longo do curso escolar, celébrase na Universitat de Barcelona unha xornada de convivencia de estudantes de lingua galega en Catalunya con estudantes de lingua catalá en Galiza. O intercambio faise co gallo da visita dos estudantes de catalán do IES Auga da Laxe (Gondomar-Pontevedra) á capital catalá.

Pola parte catalá, participarán institutos de secundaria de Alella, Santa Coloma de Gramenet, Hospitalet de Llobregat, Barcelona, Viladecans e de Sant Just Desvern.

Xoves, 3 de abril de 2008

Universitat de Barcelona

Xornada de Intercambio Educativo
Estudantes de galego en Catalunya
Estudantes de catalán en Galiza


PROGRAMACIÓN

11,30 h: Encontro dos IES de Cataluña e Galiza no vestíbulo da UB.

11,45 h: Visita ao Edificio Histórico da Universitat de Barcelona.

12,30 h: Recibimento institucional na aula 203.

13,00 h: Actuación Teatral, a cargo de Furafollas, Agrupación Teatral (en lingua galega) e de Filant-Contes, en lingua catalá.

14,30 h: Xantar.


Ligazóns

3,25/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: