Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Acordo no pleno municipal

Lalín será declarado o primeiro municipio galego libre de transxénicos

A campaña de Amigos da Terra xunto coa de máis de 15 colectivos adheridos a Plataforma Galega Antitransxénicos (PGA) está a dar os seus primeiros froitos.

Amigos da Terra - 17:55 31/03/2008

Fai agora un mes que celebrouse en Lalín a primeira reunión dun grupo de colectivos que reunían intereses e preocupacións en conxunto sobre a situación actual do cultivo e a experimentación con transxénicos en Galicia, preocupación agrabada por mor do oscurantismo administrativo, e a raíz da cal formouse a PGA.

O obxectivo último desta plataforma é o de conseguir a declaración de Galicia coma Zona Libre de Transxénicos (ZLT), obxectivo aínda que algo lonxano, está hoxe máis preto que nunca de conseguirse. Amigos da Terra dentro da súa campaña internacional de ZLT, presentou fai máis dun mes unha proposta de moción aos diferentes grupos parlamentarios do Concello de Lalín.

O 29 de febreiro despois dunha acción en Lalín da asociación ecoloxista en colaboración co Concello e coincidindo coa constitución da PGA, confirmáronse á asociación as intencións do goberno local de presentar e apoiar unha moción para ser declarada Lalín como ZLT, intencións hoxe consumadas ao ser aprobada no pleno municipal coa abstención do PSOE e a aprobación do PP e do BNG. Lalín parece que será pois a primeira ZLT en Galicia, e desde Amigos da Terra así coma desde a plataforma seguiremos traballando para que isto sirva de exemplo e sexan cada vez máis os municipios que se declaren libres.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: