Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Campaña "Xoga Limpo 2008"

Facho olímpico "alternativo" en denuncia dos abusos cos traballadores chineses

A campaña "Roupa Limpa" subliña o censurábel exemplo das violacións de normas laborais nas fábricas de produtos oficiais das Olimpíadas.

Redacción - 09:30 29/03/2008

"Pouco" ou "ningún progreso real". Esa é a avaliación que fan desde a Confederación Sindical Internacional, CSI, ao respecto dos requirimentos ao Comité Olímpico Internacional para que se lle poña fin aos "malos tratos" a traballadores de factorías onde se están facendo produtos vendidos co selo oficial dos Xogos Olímpicos.

Recordan desde o CSI que se moven elevadas cantidades de diñeiro arredor destes produtos e láianse de que non estea servindo a cita olímpica para darlle un impulso á loita contra os abusos laborais. Desed 2003, representantes dos colectivos vencellados á campaña Xoga Limpo, puxéronse en contacto en repetidas ocasións co Comité Olímpico para denunciar a situación. Recentemente, achegaron probas concretas das violacións de dereitos en catro fábricas que elaboran artigos coa licenza oficial dos Xogos.

Para chamar a atención sobre isto, a campaña creou a web Catch the Flame. Así, a partir do camiño do facho olímpico cara a Beixín, promóvese unha "carreira de relevos electrónica" coa que se quere facer presión sobre o movemento olímpico. "Uníndose a esta marcha, a opinión pública do mundo enteiro pode enviar unha mensaxe clara esixindo que os Xogos Olímpicos sexan realmente limpos e que as condicións de traballo para os que fabrican os produtos olímpicos tamén sexan decentes e xustas", di Esther de Haan, voceira da Campaña Roupa Limpa.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: