Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Proxecto autorizado hai corenta anos

O Goberno non outorgará permiso ambiental para o novo encoro do Navia

En resposta a unha pregunta do BNG, o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, dixo que se tramitará a "derrogación" do que cualificou como "pesado lastre do franquismo".

Redacción - 12:25 26/03/2008
Tags:

O proxecto de encoro promovido pola empresa Saltos del Navia, filial asturiana de Endesa, chegou este mércores ao Parlamento a través dunha pregunta realizada polo voceiro do BNG, Carlos Aymerich, quen lle preguntou ao presidente da Xunta sobre a posición do Goberno fronte a esta iniciativa. A empresa quere aproveitar unha concesión obtida en tempos da ditadura franquista, permiso do que aseguran que nunca foi anulado e co que pretenden arramplar cunha ampla zona d'Os Ancares.

Fronte a esta situación, o executivo comprométese a traballar en favor da anulación da concesión realizada polo goberno franquista en 1963. De xeito inicial, o presidente da Xunta asegurou que a Consellaría de Medio Ambiente informará de xeito desfavorábel no informe ambiental correspondente. Como paso posterior, o executivo promete facer presión no goberno español para unha "solución definitiva" que impida de xeito definitivo que esa construción se poida realizar no futuro.

Desde a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia, Adega, recordan que a bacía do Navia xa é agora mesmo unha "sucesión ininterrompida de pantanos" e insisten na necesidade da "caducidade ou anulación" desta concesión hidroeléctrica. "Non pode ser xusto seguir coartando o futuro das comarcas de Navia e Fonsagrada, permanentemente ameazadas pola construción destes encoros", din os ecoloxistas.


4,2/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: